Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xa se pode visitar na Cidade da Cultura a exposición 'Pegadas no Camiño'

Xa se pode visitar na Cidade da Cultura a exposición 'Pegadas no Camiño'

A mostra percorre o Camiño de Santiago a través das diferentes acepcións da palabra 'pegada'

Son 200 pezas pertencentes aos fondos da Biblioteca Nacional, o Museo do Prado ou a colección privada de Jaime Terceiro

G24.gal 21/03/2022 21:32

A mostra da Cidade da Cultura utiliza a palabra 'pegada' como fío condutor, a pegada que deixou o camiñante, o peregrino, chegado de diferentes partes do mundo e en diferentes momentos da historia. Pegadas efémeras, que se borran no Camiño; non así, as artísticas, as espirituais, as sentimentais.

Estas son as que nos agardan na exposición do Gaiás, en forma de manuscritos, de obra pictórica, de códices, de cartografía, a través do cine ou a través da música.

Son 200 pezas, que foxen do oneroso, unhas innovadoras, outras curiosas. Algunhas delas procedentes da Biblioteca Nacional ou do Museo do Prado.

Entre as moitas curiosidades podemos atopar, por exemplo, un guión manuscrito do mesmísimo D. Ramón Otero Pedrayo. Un guión que non chegou nunca a levarse ao cine.

Curiosidades, historia e coñecemento da peregrinación xacobea. Na cidade da Cultura de Santiago ata o 29 de maio. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade