Willy Ledesma e Bernardo Cruz, pezas chave para o equipo de Munitis
O punta di que chega a Lugo no mellor momento da súa traxectoria

Quenda para a presentación dos dúas primeiras fichaxes do Lugo para esta tempada. O dianteiro Willy Ledesma e o central Bernardo Cruz estiveron na súa presentación acompañados por David Peláez.
O punta chega a Lugo no mellor momento da súa traxectoria, asegurando goles e traballo; pola súa banda, Bernardo Cruz abre a súa segunda etapa no Anxo Carro, pleno de eficacia, ilusión e liderado acumulado.
Son dúas pezas chave para o equipo de Munitis:
Willy Ledesma: "A proposta chegou pronto, e non dubidei. Estou moi contento por esta chegada. Falei con compañeiros, e todos me deron grandes referencias do club. Temos un reto importante por diante, hai que ser humildes e manter a ilusión".
Bernardo Cruz: "A decisión estaba clara. Non había que esperar. O noso destino volveuse cruzar. A oportunidade xurdiu así, buscaremos aire fresco, estou moi feliz de volver á casa".