Publicador de contidos
Publicador de contidos

Volven as visitas teatralizadas ao cemiterio vigués de Pereiró

Volven as visitas teatralizadas ao cemiterio vigués de Pereiró

As inscricións ábrense este luns

A actividade é totalmente gratuíta e ten unha duración de hora e media

G24.gal 25/10/2021 19:07

Volven as visitas teatralizadas ao cemiterio de Pereiró. Este luns ábrense as inscricións. Estas rutas teñen lugar ao anoitecer e esta semana desenvolveranse o martes, mércores e xoves. Cada día haberá tres grupos de 25 persoas. A actividade é totalmente gratuíta e ten unha duración de hora e media. As visitas permiten aos participantes coñecer a arte e arquitectura deste cemiterio que ten a súa orixe no ano 1889.

Poderán descubrir algunhas das personalidades que tiveron un papel fundamental na historia de Vigo. Os encargados de desvelar os segredos de Pereiró son Concepción Arenal, Irene Ceballos, a marquesa de Valadares ou Cachamuíña, persoeiros que narran a historia de Vigo a través dos monumentos funerarios, a capela ou os panteóns. Para reservar praza hai que inscribirse na páxina web de Turismo do concello de Vigo. Unha oportunidade única para somerxerse nos misterios do cemiterio de Pereiró.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade