Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volve a calor abafante a Ourense coa chegada de aire africano cara ao sábado

Volve a calor abafante a Ourense coa chegada de aire africano cara ao sábado

AEMET prevé ata 38 graos o próximo sábado por unha masa de aire cálido africano

Só o terzo norte de Galicia queda fóra da influencia anticiclónica

Área termal da Chavasqueira, esta mañá
G24.gal 18/05/2022 14:41 Última actualización 18/05/2022 14:54

Tras días de inestabilidade no tempo polas borrascas, volve o sol a Galicia, e tamén a calor. De 20 a 30 graos en 24 horas.

"Aquí pasamos do inverno a 40 graos". "Supoño que é a primavera, pero algo tamén está da nosa man, para ter o tempo así", comentan dous veciños.

Se hoxe o sol aínda se resiste a deixarse ver, a partir de mañá só o terzo norte quedará fóra da influencia do anticiclón. Un novo episodio de calor impropia para a época do ano, alimentado por unha masa de aire cálido africano. A Aemet advirte de máximas por riba dos 35º para o sábado.

O domingo, iso si, as máximas comezarán a suavizarse de novo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade