Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volve a procesión de Fátima a Ourense tras dous anos de espera pola pandemia

Volve a procesión de Fátima a Ourense tras dous anos de espera pola pandemia

A previsión é que acudan unhas 50.000 persoas

G24.gal 13/05/2022 21:25 Última actualización 14/05/2022 09:31

Dende ben cedo os voluntarios da parroquia unen esforzos para que a virxe recupere esta noite o aspecto de cada 13 de maio. Decenas de voluntarios están no templo de Fátima dende primeira hora. 

"É unha emoción moi grande ver o guapa que a están poñendo e que esta noite vai brillar por si sola." 

Milleiros de flores rodean a imaxe da virxe, un traballo minucioso no que todos colaboran ao seu xeito. Veu a pandemia a interromper unha das tradicións relixiosas con máis sona de Ourense. Por iso -din- a emoción é moita.

"Despois de dous anos sen procesión este ano como que se colle con máis ganas."

"Leva rosas, gladíolos e caraveis de cor branca e rosa. Este ano váiselle facer un centro vermello adiante aínda que nunca se lle pon esa cor, pero vaise facer en honor as vítimas da pandemia."

A previsión é que acudan unhas cincuenta mil persoas. Coñécese como a procesión dos transistores, tanta é a xente que participa que é preciso escoitala pola radio para seguir o percorrido. Hoxe volven as rúas, din que con mais ilusión ca nunca.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade