A situación das granxas repercute nas vendas de maquinaria na Mostra de Muimenta
Son máis de 25.000 metros cadrados de exposición
Volve con forza, ganas e moita participación a Mostra Exposición de Muimenta.
José Manuel Rus, coordinador da Moexmu: "No 2020 colleunos a pandemia a quince días de inaugurar. Tiñamos todo preparado e non poidemos facer nada polo que este ano había moitas ganas".
Aínda que desta volta o sector agrogandeiro que a protagoniza está a sufrir unha profunda crise derivaba dos altos custos de produción.
José Alberto Iglesia, SAT Rei de Miñotelo: "É moi triste ter que sacrificar vacas que son rendibles na explotación pero que tes que matalas para ter efectivo a fin de mes para pagar as facturas".
A mala situación das granxas repercute tamén nas vendas das empresas de maquinaria agrícola.
Esteban Fernández, comercial dunha empresa de maquinaria agrícola: "Intentamos traer as máquinas máis pioneiras para que a xente reduza os custes de produción mellorando a súa maquinaria".
Esta feira destaca tamén polos concursos de gando en que tamén se está a sentir a crise.
Enrique Muñíz, xuíz do concurso de gando: "O que sobe nos custos de produción non é proporcional coas subas do prezo do leite e isto nótase tamén nos concursos que teñen baixas".
Son os máis novos os que participan tentando sumarse a granxas familiares.
Lorena Rodríguez, da ganadería Melchora: "Hai que rapar o pelo e enlacar, pintar e dar brillo. A verdade é que non estamos a pasar un momento moi fácil pero hai que ir tirando como se pode".
Artesanía, alimentación e música completan esta feira que conta con máis de 25.000 metros cadrados de exposición.