Volve a Feira do Viño de Chantada tras a pandemia para presentar as dúas últimas colleitas
Volve a Feira do Viño de Chantada tras a pandemia para presentar as dúas últimas colleitas
14 adegas participan na edición número 39 do certame
Non deixou de facerse viño en Chantada, pero durante máis dun ano non puido celebrarse a feira para degustalo. Agora, malia que houbo que atrasar a data habitual de marzo ata este comezo de xuño, 14 adegueiros poden xa presumir da colleita.
É coñecida a enorme dificultade que leva cultivar as vides nunha orografía tan escarpada. Unha paisaxe que lle confire carácter aos adegueiros e tamén ao viño que elaboran. En Chantada o mencía e o godello son a base de bos tintos e brancos, aínda que agora gaña terreo o rosado.
Non faltan os petiscos nunha feira que se prece e na de Chantada, unha das clásicas e máis veteranas no calendario, non podía ser menos. Dunha cata popular o sábado e da oficial o domingo sairán os mellores viños da tempada. A música acompañará durante toda a feira.