Publicador de contidos

Publicador de contidos

As empresas de compra-venda de coches participan na Feira da Ocasión de Vigo

As empresas de compra-venda de coches participan na Feira da Ocasión de Vigo

Por primeira vez, as empresas de compra e venda de vehículos de segunda man ofertan unidades desde os 7000 euros

Nesta feira da ocasión a maioría dos compradores buscan un coche que necesitan a curto prazo ou con urxencia

G24.gal 06/06/2026 22:01

En Vigo, o centro do sector da automoción en Galicia, celebran ata o domingo unha feira con vehículos de ocasión con prezos que oscilan entre os cinco mil e os case douscentos mil euros. Unha boa oportunidade para os que teñan en mente cambiar de coche nos próximos meses.

Mercar un coche sen necesidade de estrealo. Para os que partan desta premisa, a primeira feira do coche de Ocasión de Vigo é o salón idóneo. O novedoso, respecto doutas feiras que se celebran aquí no IFEVI, nesta comparten o mesmo espazo concesionarios oficiais, que aportan vehículos do quilómetro cero, de cortesía ou do renting, e empreas especializadas en compra venta de coches de segunda man.

Prezos para distintas economías de combustión, eléctricos e híbridos. Cóntanos dende a organización que onte, o primeiro día desta feira, pecháronse moitas operacións. Nesta provincia de Pontevedra o mercado de ocasión sumou entre xaneiro e maio 20.071 vendas de vehículos.  

"Están pedindo coches de menos de quince mil euros, cando noutras feiras que fixemos lonxe do IFEVI tiraban un pouco máis para arriba. Agora a xente busca coches máis económicos, coches máis simples. Non lles importan tanto os anos pero o que si é que o perzo ten que ser máis baixo", conta a TVG Álex Pais, da empresa de compra e venda de segunda man Pais Automoción, de Vigo.

"Normalmente os concesionarios venden coches de pouco tempo, con poucos quilómetros, porque eles non venden coches que teñan máis de tres ou catro anos. Pero no caso das empresas compra-venda de coches de segunda man pode haber de todo tipo de vehículos, coches con máis quilómetros, máis vellos e máis accesibles para o público", matiza Andrés Vázquez Nogerol, membro do equipo da organización da Feira.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade