Cargando resultados...
Guitiriz enxalza a torta de millo, produto elaborado de xeito artesanal desde hai anos
A novena edición deste evento contou cunha demostración en vivo de receitas feitas con esta sobremesa
G24.gal
07/06/2026 18:47
En Guitiriz enxalzan a torta de millo, nunha feira que xa vai pola novena edición e na que tamén hai espazo para a música, a artesanía e mesmo para unha demostración de cociña.
O recén distinguido como Cociñeiro Galego deste ano foi o encargado que elaborar varias receitas que con este produto, que representa o sabor da tradición e que é o emblema do concello lucense de Guitiriz.
Trátase dunha sobremesa que ten un sabor único, moi apreciado tamén fóra de Galicia.