Cargando resultados...
Volve a carreira de burras do San Roque a Vilanova de Arousa
O burro fariñeiro xa non se usa para o traballo do campo, pero a súa compaña ten grandes beneficios terapéuticos
G24.gal
05/09/2022 21:27
Seguimos recuperando tradicións que sufriron a parada que motivou a pandemia.
Unha delas, a que este luns se celebra en Vilanova de Arousa, a carreira de burras de San Roque do Monte.
Unha cita importante para os defensores do burro fariñeiro polo seu gran valor cultural, etnográfico e de conservación dese patrimonio que constitúen estes animais cada vez máis escasos.
Aínda que xa non son tan necesarios como antano nas tarefas gandeiras, eventos coma este axudan a preservar a convivencia cunha especie que, segundo os expertos, ten grandes beneficios terapéuticos por exemplo para as persoas con dependencia.