Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vivenda notifica ás plataformas en liña máis de 3.800 pisos turísticos ilegais en Galicia

Vivenda notifica ás plataformas en liña máis de 3.800 pisos turísticos ilegais en Galicia

Pediu que se retiren os seus anuncios

A nivel nacional, o ministerio contabilizou 86.275 vivendas que solicitaron o número de rexistro de alugueiro de curta duración, pero que non o obtiveron porque non cumpren os requisitos

G24.gal 02/02/2026 17:31

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana notificou ás plataformas en liña a existencia de 3.829 vivendas turísticas e temporais ilegais en Galicia e pediu que se retiren os seus anuncios.

A nivel nacional, o ministerio contabilizou 86.275 vivendas que solicitaron o número de rexistro de alugueiro de curta duración, pero que non o obtiveron porque non cumpren os requisitos, en liña coa normativa europea que obriga a crear un rexistro único de alugueiros de curta duración.

Desde o pasado mes de xullo este código, outorgado polos rexistradores da propiedade, é obrigatorio e compartido coas plataformas a través do Portal Único Dixital do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana.

Unha vez este ministerio notifica, as plataformas deben proceder á retirada obrigatoria dos anuncios relativos a estes inmobles, que se poden estar a comercializar en varias delas á vez.

Das 412.253 solicitudes de rexistro 320.620 (78%) corresponden ao alugueiro turístico, mentres que as 91.608 solicitudes restantes (22%) corresponden a alugueiro non turístico, é dicir, de tempada.

Con todo, dáse unha anomalía na Comunidade de Madrid, onde o 83% das solicitudes corresponden a vivenda de tempada. Concretamente, 21.978 das 26.355 solicitudes recibidas son de aloxamentos de tempada e 4.377, de aloxamentos turísticos.

Madrid lidera a clasificación de solicitudes revogadas

Madrid lidera a clasificación de municipios con maior número de solicitudes revogadas para o emprego de vivendas no ámbito turístico, cun total de 5.344.

Seguido por Barcelona (con 5.005 denegadas), Marbella (2.993), Sevilla (2.659), Valencia (1.874), Málaga (1.845), Torrevieja (1.240), San Bartolomé de Tirajana (1.056), Adeje (1.019) e Arona (942). Destaca o caso da provincia de Málaga, que inclúe ata sete municipios entre os 20 con maior número de peticións.

No ámbito autonómico, Andalucía é, con moita diferenza, a comunidade autónoma con maior número de solicitudes de rexistro obrigatorio revogadas (21.872). A continuación, Comunitat Valenciana (14.387) e Canarias (13.726) sitúanse así mesmo na parte alta da táboa en números rexistros denegados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade