Vitoria e tranquilidade para o Lugo (1-2)
Dobrete de Aguza para confirmar o bo momento dos de Paulo Alves
Tres partidos sen perder levaba o Lugo. Visitaba Teurl, quen viña nunha boa xeira tamén. E comezaron co dominio local, mantendo o balón e o posicionamento no campo. Os mediocampos enxalzáronse no partido, xa que pouco se viron as áreas no primeiro tempo. Salvo un par de acercamentos tímidos do Teruel. A máis clara foi de Castillo que probou sorte desde fóra de área. Lucas respondeu moi ben e desviou o balón a córner. O Lugo non estaba facendo acto de presenza no campo rival, e menos na área.
Na segunda metade si que chegou o Lugo ao área visitante. No primeiro disparo, gol. Xogada por banda dereita, pase atrás que chega a Aguza, dispara e rexeita nun defensa. O balón quedou morto e o propio Aguza mándao ao fondo da rede. 100 % de efectividade. Pouco durou a alegría no cadro albivermello. A falta de contundencia defensiva fíxose patente tras un córner. Dous despexes que caen na área e Carmona controla o balón co peito e fusila a Lucas. Pero o Lugo reaccionou axiña. Outra xogada pola esquerda, que foi unha autovía nesta segunda metade, pase atrás e outra vez Aguza fai o gol. 1-2 e chegou a tranquilidade aos visitantes. A partir de aquí, a segunda metade pareceuse a primeira: poucas ocasións e o Lugo veu pasar os minutos para sumar unha nova vitoria. Incluso puido aumentar a vantaxe. Otra vez pola esquerda, Talibay, gardameta do Teruel, subiu ao remate dun córner. O Lugo saíu á contra e Antonetti serviu a Antoñín, quen empurrou o balón a gol. Con todo, o colexiado anulou o gol por fóra de xogo.
Este resultado achega os albivermellos aos postos de play-off, son 8º con 34 puntos.