Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vitoria e liderado para o Pontevedra (3-1)

Vitoria e liderado para o Pontevedra (3-1)

Partido con dominio e goles

Os de Yago Iglesias asaltan o liderado de novo

G24.gal 21/01/2024 17:37

O Pontevedra non perdona. Buscaba asaltar o liderado na casa ante o Real Valladolid Promesas. E así foi. A pesar do estado do terreo de xogo, os de Yago Iglesias foron dominadores desde o inicio. Avisaron con varias chegadas de Yelko e Chiqui. O extremo está de doce, e hoxe foi un reflexo do seu estado de forma. O ataque do Pontevedra pasaba polos seus pés. Así chegou o primeiro. Chiqui fixou ao par, liberou e atopou a Eneko quen puxo o centro cara Rufo. No intento de despexar, Iago Parente meteuna na súa portería. 1-0 e primeiro paso do Pontevedra. Despois do gol, tivo o seu primeiro aviso o filial do Valladolid. Arnu rematou un centro pero desviado. Un espellismo. Chiqui volveu intentalo. Encarou por banda, fixo unha elástica e centrou para Eneko. A cabezada marchou por riba do traveseiro. Pero xusto antes do tempo de lecer, o Pontevedra deu o segundo golpe. Quen se non. Chiqui volveu encarar por penúltima vez. Fixo un recorte e probou desde a frontal. Puxo o balón na esquina baixa da portería. Un golazo.

A segunda parte comezou como a primeira, con gol. Esta vez do Valladolid Promesas. Xogada pola banda esquerda, Pozo fíxose co balón. Estando de costas e cun par de intentos gañou uns metros para cargar o disparo e recortar distancias. Pouco lles duraría a ledicia. Tras un erro importante da zaga valisoletana, o balón caeulle o Rufo, que só tivo que empuxar para facer o 3-1. Coa vantaxe os locais souberon durmir o partido. O filial do Valladolid mellorou en canto a xogo, pero non xeraron ocasión que incomodasen a Edu Sousa. Incluso probaron sorte os granates desde lonxe. Borja, cun bo golpeo, probou desde a frontal pero marchou lambendo o traveseiro. Tivoa Charly a máis clara para facer o 4-1 pero cando estaba entrando o balón, Parente salvouna baixo paus

Conseguiu o Pontevedra o seu cometido. Líderes con 39 puntos, empatado co Ourense C. F. Yago Iglesias está contento do traballo dos seus:

"Son 3 puntos importantes. Intentamos cada semana ser mellores para que co bo facer a clasificación nos poña onde queremos estar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos