Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vitoria e ascenso para o Fabril, que xa é equipo da Primeira Federación

Vitoria e ascenso para o Fabril, que xa é equipo da Primeira Federación

O equipo coruñés derrotou a Unión Deportiva Ourense por 3-0 e acadou esta tarde o ascenso á Primeira Federación, logo do empate do Oviedo B diante do Marino de Luanco

G24.gal 12/04/2026 14:04

O Fabril festexou o triunfo diante da Unión Deportiva Ourense como se fose o do ascenso. Porque gañou por 3-0 e pola tarde recibiu o resultado agardado, o empate do Oviedo Vetusta diante do Marino de Luanco, o que lle permite festexar o ascenso á Primeira Federación.

Nun ambiente festivo en Riazor, cun milleiro de afeccionados de Ourense nas bancadas, o cadro coruñés amosou a superioridade que os levou a asinar uns números espectaculares nesta segunda volta na que gañaron todos os partidos que xogaron como local. 

Dipanda (minuto 38), Nájera (minuto 52) e Areosa (minuto 87) marcaron os goles do equipo de Manuel Pablo, moi superior durante todo o encontro. O Ourense puido meterse no partido cun remate de Manu Núñez no 70 que se estrelou contra o traveseiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade