Cargando resultados...
Vitoria clara e contundente do Pontevedra ante o Talavera
O penalti marcado por Charles coa expulsión de Gayoso foi determinante
Ángel Bastos e Rufo completaron o resultado
G24.gal
11/09/2022 20:53
Primeiro triunfo da temporada do Pontevedra o recollido contra o Talavera (3-0). O penalti asubiado polo colexiado aos dez minutos do encontro e a expulsión de Gayoso marcaron o enfrontamento. Charles non desperdiciou a ocasión e meteu o 1-0.
A situación para o Talavera, con dez e debutando na categoría despois do acontecido co DUX, non podía ser peor. O Pontevedra controlou o partido e acabou sentenciando no segundo tempo. Marcou Ángel Bastos no 61 nunha grande aparición e remate de cabeza do lateral dereito. Redondeou o resultado Rufo no 77.