Viticultora no Ribeiro con 36 anos: unha moza de Beade é a máis nova da Denominación de Orixe
Belén Cajide leva 10 anos traballando os viñedos familiares incorporándose así á actividade agraria
Di que crea que a viticultura ten fuuro e é un xeito de ter traballo e de frear o despoboamento do rural
Cultiva as súas propias uvas das variedades autóctonas e está á fronte de 2,5 hectáreas de terreo
O avellentamento da poboación e a falta de remuda xeracional está afectando a viticultura. No Ribeiro, só un 6 % dos viticultores teñen menos de 40 anos. Unha excepción encontrámola nunha moza de 36 anos á fronte de máis de dúas hectáreas de viñedos.
Belén Cajide é a viticultora más nova da Denominación de Orixe O Ribeiro. O seu amor pola terra e as vides impulsárona a incorporarse á actividade agraria.
Tivo que formarse e ir aprendendo o oficio dos seus avós e dos seus sogros, que tamén tiñan viñedos. Unha das dificultades di que foi xuntar dúas hectáreras e media de terreo, nunha comarca onde o minifundio segue a ser o máis común.
Agora é ela quen traballa estas terras en Beade, onde cultiva as súas propias uvas das variedades autóctonas treixadura, caíño longo e sousón. E aprendeu a facer a poda, a rodriga ou sulfatar as vides.
Malia que segundo os datos do sindicato Unións Agrarias tan só un 6% dos viticultores do Ribeiro teñen menos de 40 anos, Belén cre que hai futuro na viticultura e que a incorporación de mozos e mozas como ela pode axudar a frear o despoboamento desta zona rural.
Un informe do Ministerio de Agricultura que elaboraron con datos da Tesourería da Seguridade Social asegura que só un 15 % dos emprendedores no sector agrario ten menos de 40 anos en Galicia, converténdose na comunidade con menos mozos que deciden dedicarse á agricultura.