Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta busca en Bruxelas solucións para o viño ante a ameaza dos aranceis

A Xunta busca en Bruxelas solucións para o viño ante a ameaza dos aranceis

A conselleira do Medio Rural pide que se manteñan os fondos de promoción para as cinco Denominacións de Orixe

G24.gal 14/05/2025 14:49

A ameaza dos aranceis para os produtos agrícolas da Unión Europea preocupan en Galicia, especialmente no sector do viño. A conselleira do Medio Rural acudiu a Bruxelas para trasladarlle ao director xeral de Desenvolvemento Rural que manteña os fondos europeos para promocionar o viño galego noutros países.

 "Para o viño galego é moi importante o mercado de América do Norte. E é importante seguir mantendo os fondos de promoción para que as cinco denominacións de orixe que temos en Galicia sigan promovendo o viño na Unión Europea e en terceiros países", explica a Conselleira de Medio Rural, María José Gómez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade