Publicador de contidos

Publicador de contidos

O pedrazo causa estragos na comarca do Ribeiro

O pedrazo causa estragos na comarca do Ribeiro

O Consello Regulador avalía o alcance dos danos, que se concentran no concello de Cenlle

A maior parte de Galicia volve estar en aviso amarelo por chuvias, con posibilidade de treboadas acompañadas de sarabia

G24.gal 09/05/2025 13:54

Fran, viticultor do Ribeiro, dedicou a mañá a podar as cepas danadas polo pedrazo. Ten todas as vides na súa aldea, en Vilar de Rei, no concello de Cenlle. Non se salvou ningunha.

"Este ano xa nada, está todo perdido. O que intentamos é non ter o bico danado para o ano que vén. A pedra desfai a rama, o talo, os acios, o bico... dana todo. Hai que intentar conservar a rama para ter poda o ano que vén", lamenta Fran Lamas, viticultor do Ribeiro.

O pedrazo foi o sábado pasado, pero a medida que pasan os días vanse vendo as consecuencias. En quince minutos deixou estradas e vides cubertas. Moita folla caeu xa no momento, polo impacto da pedra, que danou tamén as cepas e todo o que atopou ao seu paso, desde hortas a froiteiras.

"Foi moita cantidade en pouco tempo. Caeu dúas veces. Aquí os veciños estamos todos igual, a ver se fan algo, porque perdemos toda a colleita. Todo o traballo deste ano alá foi", explica Fran.

Os técnicos do consello regulador xa estiveron tomando mostras para avaliar o alcance dos danos que se rexistraron tamén noutras zonas do concello de Cenlle. A preocupación non pasou porque volve haber risco de treboadas. Toda Galicia, menos o litoral cantábrico e a montaña de Lugo, está en aviso amarelo por chuvia, que continúa o sábado na maior parte do país, cunha nova caída das temperaturas máximas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade