Vinte mozos agriden a varios axentes da Policía Nacional en Ourense
Os axentes participaban na detención de dous deles por tomaren parte nunha violenta pelexa
Os mozos abalanzáronse sobre os axentes, que recibiron numerosos golpes, cuspíronlles e guidáronlles cristais de botellas á cabeza

Un grupo de vinte mozos agriden en Ourense a varios axentes da Policía Nacional. Participaban na detención de dous deles por tomaren parte nunha violenta pelexa cando os demais se abalanzaron sobre os axentes, que recibiron numerosos golpes, cuspíronlles e lanzáronlles cristais de botellas á cabeza.
Varios quedaron feridos, con cortes e contusións. Un deles acabou no chan con feridas de consideración. Pediron reforzos, chegou tamén a Policía Local e lograron conter o tumulto. Detiveron cinco persoas máis e identificaron todos os presentes.
Esta situación é xa un habitual nas noites da fin de semana en Ourense. Rexistráronse outras dúas pelexas multitudinarias esta fin de semana.