A Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Coruña pide amparo á Valedora ante as agresións
Denuncian unha actitude totalmente pasiva por parte da xerencia do Sergas
A Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Coruña pídelle amparo á Valedora do Pobo porque consideran que a xestión do Sergas non actúa para mellorar os protocolos e evitar agresións. Están en cifras récord, con máis de 30 denuncias o ano pasado, que en realidade, aseguran, son moitas máis.
As representantes dos traballadores denuncian que está aumentando a agresividade, sobre todo no servizo de urxencias, por causas alleas ao persoal, como as grandes listas de agarda ou a falta de camas hospitalarias. Pedíronlle á xerencia varias reunións e din que non atenden ás súas peticións. Por iso piden a mediación da Valedora.
Reclaman máis seguridade nos postos de traballo e cren que as medidas implantadas ata agora non son efectivas.