Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vilalba celebrou a súa tradicional Feira do Capón, con prezos que chegaron aos 230 euros

Vilalba celebrou a súa tradicional Feira do Capón, con prezos que chegaron aos 230 euros

O exemplar máis grande pesou 7 quilos en canal

Críanse o ao aire libre durante 7 meses

O mes anterior á feira pásano na capoeira cunha alimentación natural a base de millo e pataca cocida

G24.gal 21/12/2025 13:50

Son os protagonistas do evento gastronómico máis destacado do Nadal en Galicia. Despois de oito meses criando os capóns, hoxe é o día de poñelos á venda na feira.

"É un día moi especial porque despois de oito meses de cría, é o día que se traen xa preparados. Expós aquí o traballo con orgullo", asegura Laura Cortiñas, presidenta da Asociación de Criadores de Capón de Vilalba.

"Son moitos meses de traballo e é unha alegría porque ao final é o día da remuneración de tanto traballo", explica a criadora Lucía Freire.

Engórdanos por riba dos cinco quilos cunha dieta estrita a base de millo e pataca cocida. O máis grande chegou a pesar 7 quilos en canal.
 

"Os meus teñen a mesma calidade desde hai 38 anos: son bos", di Ana Díaz, criadora de capóns.

"A calidade é excelente", di outro criador.

"Porque é un capón artesanal, que se cría ao aire libre durante sete meses e despois un mes na capoeira, cunha alimentación natural a base de pataca cocida e millo, o que fai un resultado único", explica Laura Cortiñas, presidenta da Asociación de Criadores de Capón de Vilalba.

A demanda é tan alta que moitos dos capóns xa se venden por encarga antes da feira. Trinta criadores puxeron á venda uns 120 exemplares, con prezos que andan entre os 140 e os 230 euros.

"Comprei dous para a Noiteboa a 140 euros", di un comprador que chegou desde Ponferrada.

Os capóns atraen todas as olladas, non só as daqueles que van á feira a mercar.

"En principio non vou mercar porque teño galos na casa, vin só por velos. É espectacular", di unha asistente á feira.

Na feira houbo premios para o mellor par de capóns, para a mellor cesta e para as mellores criadoras, un recoñecemento á calidade do produto e a unha tradición que se mantén de xeración en xeración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade