Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vilalba agarda a chegada de 3.000 festivaleiros para o FIV

Vilalba agarda a chegada de 3.000 festivaleiros para o FIV

A cita musical, que é a primeira do calendario de festivais galegos, acada a maioría de idade

É un festival pequeno, familiar, pero que supón un revulsivo económico importante para a vila

G24.gal 25/04/2025 14:26

Os primeiros fivers chegan a Vilalba. Estas son horas de moita trasfega nos hoteis que esta fin de semana volven colgar o cartel de completo. 

"Ambiente moi bo, cheo, para o pobo é marabilloso, restaurantes, hoteis, o que tiña que haber era catro ou cinco ao ano", asegura o hoteleiro, Manuel Orosa.

Hai moito movemento nos hoteis e na rúa. O FIV é un revulsivo económico para a vila. 

 "Atrae moita xente para o vila, é moi bo"; di unha rapaza; un home engade: "Tiña que durar máis días".

Que durase máis días e que houbese máis citas coma esta, que cada ano atrae unhas 3.000 persoas. 

  "Podes ir cos pequenos, está moi ben", di un home; unha rapaza explica: "É unha mestura entre festa de vila e festival, os grupos están moi chulos".

Este ano houbo cambio de lugar, aínda que haberá actividades na praza da vila os concertos serán no campo da feira, e isto non gustou a todos. 

 "Se lles dan alí comida e bebida, non come a vila", di unha veciña.

No recinto levan toda a mañá coas probas de son, enchendo as neveiras, para que todo estea listo para a apertura de portas.

"Está todo preparado, só faltan os 'fivers'", asegura Adrián Fragueiro, de produción do festival.

Na xornada do venres soarán os Varry Brava ou The Rapants. O sábado, León Benavente ou Shinova. O FIV consolídase. Os máis retardados que saiban que aínda queda algunha entrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade