Publicador de contidos

Publicador de contidos

Todo listo para o Caudal Fest no paseo do Miño, en Lugo

Todo listo para o Caudal Fest no paseo do Miño, en Lugo

A última cita musical do calendario de festivais galegos congregará unhas 20.000 persoas cada día desta fin de semana

O festival deixa cada ano un retorno económico superior aos sete millóns de euros
 

G24.gal 17/09/2025 14:33

No paseo do río Miño, en Lugo, todo está practicamente listo, só falta o público. Quedan horas para que arranque o Caudal Fest, a última cita do calendario de festivais en Galicia. 

"O 30 por cento dos asistentes xa son de fóra de Lugo e de Galicia", explica o responsable de Comunicación do festival, Esteban Girón.

Agárdanse unhas 20.000 persoas cada día e aínda queda algún abono á venda.

"É o terceiro festival máis grande de Galicia dos que se financia dentro dos Concertos do Xacobeo", di o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles.

O festival ten un grande impacto socioeconómico na cidade e na contorna. Mil postos de traballo directos e outros tantos indirectos e un retorno económico de máis de 7 millóns de euros. 

"É unha plataforma de difusión, de posta en valor e coñecemento da nosa cidade", asegura o alcalde de Lugo, Miguel Fernández.

Hoxe é un referente para o turismo e para a hostalería que na fin de semana estará ao completo.

"Un festival magnífico cunha repercusión socioeconómica moi importante sobre todo para o noso sector", di o presinte dos Hostaleiros, Cheché Real.

Polos seus dous escenarios pasarán bandas consolidadas e tamén grupos emerxentes. 

 "En traer algunhas das xiras que todo festival quere ter, neste caso encabezan o cartel Melendi, Carolina Durante e Love of Lesbian", engade o responsable de Comunicación do festival, Esteban Girón.

Todo nunha localización única á beira do río.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade