Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicreques fai trinta anos con 60 funcións de compañías procedentes de doce países

Galicreques fai trinta anos con 60 funcións de compañías procedentes de doce países

O festival internacional de monicreques que se celebra en Santiago de Compostela ofreceu 16 estreas

Despediuse coa entrega do premio Galicreques a Enkarni Genua e a estrea do espectáculo Ephimeros de Nauta

G24.gal 19/10/2025 20:34 Última actualización 19/10/2025 21:37

Galicreques fai tres décadas abrindo a cidade ás mellores compañías galegas e internacionais para ofrecer as historias máis fantásticas ante un público que non se conforma.

"A obra era sobre unha nena que non quería medrar. E no espazo místico había remordementos, sentimentos e seres imaxinarios. Fixo unha viaxe espiritual e descubriu que medrar non era tan malo".

"Unha nena perdeu o can. Tiña un amigo imaxinario".

Foron máis de 60 funcións deseñadas para o público miúdo, pero con espectáculos tamén para mozos e adultos. 

"Espectáculos en que a través de novas linguaxes se entusiasma a xente maior. Por sorte estase a incorporar moita xente nova, xente adulta ao teatro de bonecos", di Jorge Rey, director do festival.

O premio do festival recoñece o talento e a dedicación ao mundo dos monicreques. A homenaxeada é Enkarni Genua, cofundadora do grupo Txotxongilo Taldea. 

"Por unha vida de dedicación aos monicreques, á educación, ao éuscaro, a levar os títeres ás escolas, a cada vila... Porque nós principalmente traballamos no país vasco e en éuscaro", asegura Enkarni Genua, premio Galicreques 2025.

Galicreques é un escaparate do que se está a facer nos teatros de monicreques de medio mundo e tamén un punto de encontro para os que lles dan vida aos bonecos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade