Cargando resultados...
Vigo implanta medidas para aforrar auga e pide aos cidadáns un uso responsable
Queda prohibido encher piscinas, rebáixase o tempo e a presión das duchas nas praias e redúcese a rega
G24.gal
18/08/2022 16:42
O Concello de Vigo, o máis poboado de Galicia, intensifica as restricións de auga e pide máxima responsabilidade aos cidadáns.
A partir de hoxe queda prohibido encher as piscinas no municipio de Vigo e rebáixase o tempo e a presión das duchas nas praias. Tamén se reduce o rego e ademais o Concello enviará cartas ás grandes empresas con recomendacións para o aforro de auga.
A situación en Vigo complícase. A escasa chuvia dos últimos días non serviu para recuperar o nivel dos encoros e ante a previsión dun outono seco pídenlles aos cidadáns unha autolimitación nas casas e máis responsabilidade que nunca co consumo de auga.