Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo estuda prohibir os patinetes en grandes viais, estradas interurbanas e zonas peonís

Vigo estuda prohibir os patinetes en grandes viais, estradas interurbanas e zonas peonís

As sancións poderían chegar ata os 500 euros 

Os usuarios deberán levar casco e roupa refrectante

G24.gal 03/01/2022 18:29

Fóra das vías de tráfico intenso 

O Pleno do Concello de Vigo debaterá e, no seu caso, aprobará e someterá a exposición pública o proxecto de ordenanza reguladora do uso de patinetes eléctricos na cidade que prohibe circular con este tipo de vehículos de mobilidade persoal en grandes viais, estradas interurbanas ou zonas peonís. Obriga aos usuarios, ademáis, a levar casco e chaleco ou roupa refrectante.

Entre os viais que estarían prohibidos están gran parte da Gran Vía, Beiramar, Clara Campoamor, Arquitecto Palacios, Avenida de Citroën, Avenida Castelao e os carrís centrais da Avenida de Madrid. e aprobarse a ordenanza, tampouco poderán circular en vías interurbanas, travesías, túneis e pasos inferiores nin beirarrúas.

A circulación en zonas peonís estará prohibida en xeral agás nas rúas da Zona Vella e no barrios antigo de Bouzas, sempre que garden unha distancia de metro e medio coa peóns e circulen a unha velocidade máxima de 10 km/h.

Os patinetes eléctricos si poderán circular por carrís bici, carril bus e polo carril dereito das calzadas das outras vías a un máxio de 20 e 25 km/h respectivamente, sexieots sempre ás normas de circulación.

Obriga a levar casco e chaleco ou roupa refrectante

Ademáis, os usuarios están obrigados a levar casco e roupa refrectante, a ter seguro de responsabilidade civil e certificado de circulación, ou ter 15 anos de idade mínima.

Tamén lles prohíbe  o uso de auriculares ou teléfono móbil mentres circulan ou facelos baixo os efectos de drogas.

Sancións de ata 500 euros

En función do tipo de infraccións haberá multa de ata cen euros para as leves como non mnter a distncia debida cos peóns, aparcar o patinete na beirarrúa ou amarralo nun lugar prohibido.

As infraccións graves como non levar o casco poderán chegar ata os 200 euros e as moi graves como superar a velocidade en máis dun 50% e outras irán ata os 500 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade