Desaloxadas as persoas sen teito que vivían na estación de autobuses de Vigo
A intervención, levada a cabo pola Policía Nacional, desenvolveuse sen incidentes
Dos desaloxados, só tres aceptaron ir a un albergue
Desolaxadas as persoas sen teito que levaban meses vivindo na estación de autobuses de Vigo. A intervención, levada a cabo pola Policía Nacional, desenvolveuse sen incidentes.
Valos de protección e precintos ocupan agora o lugar dos colchóns e outros enseres dos desaloxados do inmoble propiedade da Xunta de Galicia. Unha actuación que busca mellorar a seguridade na zona.
"Xa o acordamos así nunha xuntanza mantida cos respresentantes de todas as administracións implicadas. As actuacións comezaron na mañá deste martes e continuarán nos próximos días coa limpeza e a instalación dun peche provisional que posteriormente será definitivo", comenta Judit Fontela, directora xeral de Mobilidade.
Segundo a Policía Nacional desolaxaron arredor de media ducia de persoas, aínda que nos últimos meses tíñase constancia de máis dunha decena de sen teito que pernoitaban na zona.
Xunta as forzas de seguridade tamén acudiron representantes de Cruz Vermella e o Servizos Sociais do Concello. Segundo o concello 6 persoas xa aceptaran estas alternativas en días previos. Dos desaloxados este martes tan só 3 accederon a acudir a un albergue a pesar de haber prazas baleiras.