Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vicente del Bosque presidirá a comisión que tutelará a RFEF

Vicente del Bosque presidirá a comisión que tutelará a RFEF

Pilar Alegría: "Representa o mellor do fútbol do noso país, é o noso campión do mundo, de Europa, e é un home querido e respectado"

A xuíza cre que o contrato da Supercopa incluíu terreos en Arabia para Rubiales

G24.gal 30/04/2024 13:46 Última actualización 30/04/2024 13:50

O exseleccionador nacional, Vicente del Bosque, exercerá a presidencia e representación da Comisión de Supervisión, Normalización e Representación que tutelará durante os próximos meses o funcionamento da Real Federación Española de Fútbol (RFEF).

A ministra portavoz e de Educación, Formación Profesional e Deportes, Pilar Alegría, anunciou a decisión do nomeamento de Del Bosque este martes ao termo da reunión do Consello de Ministros.

"Vicente del Bosque vai ser a cara, a representación do fútbol español. Ímolo ver xa na final da Champions League, durante a Eurocopa e durante os Xogos Olímpicos.

"Representa o mellor do fútbol do noso país, é o noso campión do mundo, de Europa e é un home querido e respectado por todo o ámbito do fútbol, xogadores, adestradores e a cidadanía en xeral", dixo a ministra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar