Publicador de contidos

Publicador de contidos

Viaxeiros dun Avlo con destino a Vigo sufriron un atraso de sete horas

Viaxeiros dun Avlo con destino a Vigo sufriron un atraso de sete horas

Unha incidencia operativa fixo que saíra con dúas horas de atraso da estación de Madrid

Ademais, no seu traxecto cara a Vigo, unha incidencia técnica fixo que quedara detido no cambiador de Taboadela, en Ourense

Foto de arquivo (Europa Press/Gustavo Valiente) Foto de arquivo (Europa Press/Gustavo Valiente)
G24.gal 25/06/2026 13:21

O Avlo 04975, que cubría na noite deste mércores o traxecto entre Madrid e Vigo, sufriu varias incidencias técnicas que lle provocaron un importante atraso e que, finalmente, fixeron que quedara detido pouco antes da estación de Taboadela (Ourense) e que houbera que activar un plan alternativo de transporte para todos os seus pasaxeiros.

En primeiro lugar, unha incidencia operativa fixo que saíra con dúas horas de atraso da estación de Madrid. Ademais, no seu traxecto cara a Vigo, unha incidencia técnica motivou que quedara detido no cambiador de Taboadela, en Ourense.

Alí, diversos usuarios denunciaron que permaneceu parado entre dous e tres horas máis, ata que foi desprazado ata a estación de Taboadela e, desde alí, deseñouse un plan alternativo de transporte para todos os viaxantes, que chegaron aos seus destinos ben noutros trens ou ben en autobús xa avanzada a madrugada.

En total, segundo recoñeceu Renfe aos usuarios afectados, o tren tivo un atraso de 439 minutos, isto é, de algo máis de sete horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade