Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vero Boquete : "Se remato a miña carreira en Galicia, mellor que mellor"

Vero Boquete : "Se remato a miña carreira en Galicia, mellor que mellor"

A santiaguesa é portada do primeiro álbum de cromos do fútbol feminino galego

Remata contrato no Milán no próximo mes de xuño e recoñece que lle gustaría rematar a súa carreira futbolística na súa comunidade

Cando colgue as botas gustaríalle ser adestradora profesional

 

 

G24.gal 21/12/2021 22:01

A Vero Boquete xogou 'Ao contraataque' o día en que foi presentado o primeiro álbum do fútbol feminino galego, onde a santiaguesa é a xogadora que ocupa a portada:

"A iniciativa do Album feminini do fútbol galego é fantástica. Esperemos que sexa o primeiro do moitos. Durante a miña carreira tocoume moitas veces abrir camiño. E seguirei sempre que faga falla, pero esperemos que pronto xa non sexa necesario. O único pero o ano 2021 foi perder a final de copa. Aínda doe. Gañar un título sempre é difícil. Esperemos que 2022 traia algún título. Remato contrato en xuño co Milán. Veremos como vai. Estou contenta, pero nas últimas semanas complicouse un pouco a cousa porque a Juve parece inalcanzable. Morriña hai sempre. A intensidade da morriña sempre é a mesma. Gustaríame rematar a miña carreira en España e se é en Galicia, mellor que mellor. Alma aventureira sempre hai. Xa pouco me queda a estas alturas, por dicir algo, a liga inglesa, por tocar todas as grandes ligas,  pero xa veremos. Na miña mente está en ser adestradora profesional unha vez que me retire".

Publicidade
Publicidade
Publicidade