Cargando resultados...
Verín rexistra a máxima de Galicia por terceiro día consecutivo
Con 35 graos, os veciños da vila buscan o fresco nas ribeiras do Támega
Xente ao fresco na praia fluvial do Támega, en Verín
G24.gal
12/06/2022 20:51
Última actualización 12/06/2022 20:56
En Galicia, non houbo temperaturas tan elevadas coma no sur de España, pero en varias zonas de Ourense e Pontevedra subiron dos 30 graos. As máximas foron en Verín e en Ponteareas, con 34 graos e medio.
O vento, que sopra por momentos con relativa intensidade, e as nubes, que de vez en cando proporcionan algo de sombra, é o único que rebaixa esa sensación de calor abafante que houbo este domingo en Verín.
Por terceiro día consecutivo, rexistrou a máxima de Galicia ao roldar os 35 graos contra as seis da tarde. E as mínimas tamén son altas: entre 16 e 17 graos polas noites. Tamén moita calor na conca do Miño, onde estiveron entre os 30 e os 34 graos.