Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños dun edificio de Santiago denuncian a demora da licenza para poñer un ascensor

Veciños dun edificio de Santiago denuncian a demora da licenza para poñer un ascensor

Din que levan agardando case un ano e que non obteñen resposta do Concello

O Concello argumenta que o proxecto inicial non foi positivo e que non se aprobou ata marzo de 2024

G24.gal 29/04/2024 14:44

Son 16 escaleiras no acceso de entrada e máis de 40 no interior dun edificio de Santiago que, segundo os seus veciños reuniron os cartos para poñer un ascensor que é, desde hai tempo, unha urxencia. Porén contan "que o Concello non lles tramita a licenza, que moitos teñen problemas de mobilidade e que xa é moito espera". 

José Manuel Tarrío García, presidente da comunidade de veciños, di "que cada vez que van alí só lles din que está en proceso e que non a tiran para diante".

Mentres, estes veciños, os máis deles maiores de 70 anos, denuncian que a espera se fai  moi difícil. Especialmente difícil para Carmen, unha veciña operada catro veces do pé, cun andador e case sen poder saír á rúa. Vive nun terceiro e cada vez que baixa ou sobe teñen que levala entre varias persoas. Conta"que ten que chamar a ambulancia permanentemente". Todos a unha piden que se axilicen os trámites porque o seu día a día depende da licenza.

Consultado co Concello responden que o proxecto inicial, de 2023, non cumpría cos requisitos e que non foi positivo ata o pasado 14 de marzo de 2024. Está en marcha e o prazo estipulado para a concesión da licenza é de tres meses desde esta data. As obras tamén inclúen a reforma da fachada por un problema de humidades.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade