Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía tira a porta abaixo da casa que non era e o sospeitoso estaba no piso de abaixo

A Policía tira a porta abaixo da casa que non era e o sospeitoso estaba no piso de abaixo

Pasou en Alacant e os axentes rexistraron a vivenda que non era

Buscaban un acusado de violencia machista e finalmente foi detido no outro piso

A dona da casa invadida reclama os danos causados polos axentes, porque o seguro non llos cobre

G24.gal 13/08/2025 14:23

Rexistraron e entraron pola forza, rompendo a porta, na casa equivocada. A Policía Nacional buscaba en Alacant un home acusado de violencia machista. Accederon ao edificio onde parecía que estaba o sospeitoso, e estaba, pero unha veciña díxolles aos axentes que vira o home que buscaban agocharse no piso de arriba, pero estaba no de abaixo.

A Policía rompeu a porta, que non era. Non atoparon nada e de madrugada chamaron a dona da vivenda para que fose á casa porque lle deixaban a porta aberta. Ela estaba durmindo no piso de súa nai. Pasaron case dous meses e a dona da vivenda invadida reclama o gasto da porta. 

O seu seguro non o cobre. Instalou unha alarma. O home ao que buscaba a policía apareceu esa mesma noite. Foi detido, acusado de darlle unha malleira a unha moza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar