Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os incendios forestais causan a cuarta vítima mortal en Portugal

Os incendios forestais causan a cuarta vítima mortal en Portugal

O home, de 45 anos, faleceu como consecuencia das queimaduras que sufriu o martes no incendio do municipio de Sabugal

No país luso hai dous incendios que "arden con grande intensidade"no concello de Pedrógão

O lume en Arganil continúa activo desde hai once días

 

 

G24.gal 23/08/2025 21:08

O home, de 45 anos, morreu este sábado como consecuencia das feridas que sufriu o martes cando traballaba na extinción dun lume no municipio de Sabugal, limítrofe con Salamanca e Cáceres. Tanto o presidente, Marcelo Rebelo de Sousa, coma o primeiro ministro, Luís Montenegro, expresaron ás condolencias á familia do finado.

Nesta xornada, no país luso hai dous grandes incendios que "arden con grande intensidade" no concello de Pedrógão Grande preto de vivendas.

Este lugar foi foco dun gran lume que devastou o centro do país hai oito anos,  e  que deixou 60 mortos e centos de feridos. Continúa tamén activo o que se orixinou hai once días en Arganil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade