Cargando resultados...
Veciños de Ourense din que a liorta multitudinaria desta fin de semana non é un feito puntal
A lea produciuse tras unha discusión entre dúas mozas
Os veciños din que as pelexas son habituais ás portas da discoteca
Marta González Salve
19/01/2022 13:52
Unha discusión entre dúas mozas ás portas dunha discoteca foi o desencadeante da violenta liorta que os veciños da rúa Doutor Fleming, en Ourense, viron esta fin de semana.
Aseguran os veciños, que prefiren non saír ante a cámara, que a lea do sábado non é un un feito puntual nesta rúa onde hai dous locais de ocio nocturno.
Quéixanse de que os clientes destes locais non respectan nin as restricións nin os horarios.
Aseguran que a situación se agrava no verán e piden máis presenza policial na zona para controlar e evitar as pelexas.