Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un bosque comestible no concello ourensán da Bola

Un bosque comestible no concello ourensán da Bola

Trátase dunha iniciativa do Concello para pór en valor un terreo municipal situado preto da antiga canteira de Murzás

O espazo acollerá actividades de educación ambiental e os froitos, cando empecen a producir, doaranse aos veciños ou a fins sociais

Un grupo de veciños paseando polo bosque comestible da Bola
G24.gal 08/05/2025 20:43 Última actualización 08/05/2025 21:22

Unha simbiose perfecta entre un bosque natural e arbores froiteiras ou prantas de froitos vermellos. Así é como define Lucía Pardal, coordinadora do proxecto da Bola, un bosque comestible.

Coa axuda dos veciños xa levaron a cabo unha plantación de medio cento de exemplares nunha hectárea de monte de propiedade municipal.

Trátase dunha iniciativa, financiada con fondos europeos, coa que este concello ourensán busca crear un espazo no que levar a cabo actividades de educación ambiental ademais de promover a convivencia e o lecer entre os veciños. 

As árbores contan con carteis identificativos para dar a coñecer a biodiversidade da zona en plan Reserva da Biosfera. Cando comecen a producir, os froitos doáranse á xente da zona ou a comedores sociais. O sabor dun bosque que nace para aprender a coidar e pór en valor a natureza.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade