Publicador de contidos

Publicador de contidos

Crece o alumnado no rural de Ourense

Crece o alumnado no rural de Ourense

A caída da natalidade e o despoboamento baleiran as aulas, pero hai excepcións en zonas rurais como Bande
 

Dezaoito alumnos en infantil e 35 en primaria nun colexio de Bande
G24.gal 07/06/2025 13:30 Última actualización 06/06/2025 20:23

A caída da natalidade ten o seu reflexo nas aulas. O número de alumnos vai a menos pero atópanse excepcións nalgunhas zonas rurais de Ourense como por exemplo Bande.

Un colexio de Bande perdía alumnado como outros moitos de Galicia, especialmente das zonas rurais máis castigadas polo despoboamento, pero a covid revertiu a tendencia.

Dezaoito alumnos en infantil e 35 en primaria. Tras este aumento de matrícula hai varios factores.

No concello de Bande a poboación foi a menos nos últimos anos pero o número de menores de 15 anos subiu.

Ademais a este colexio veñen  rapaces doutros municipios onde si aumentou o padrón. É o caso de Verea. Antes da pandemia contaban con 914 veciños. Familias como a de Kelly que chegou aquí da man dunha tía.

Este servizo de conciliación que puxo en marcha o concello polas tardes incrementou a súa demanda nos últimos anos.

Inmigrantes e descentes de galegos que veñen buscando un futuro mellor pero tamén familias que tras a pandemia decidiron apostar pola calidade de vida no rural.

Nenos que volven encher de algarabía e sorrisos as aldeas pero tamén as aulas de colexio rural de Bande.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade