Publicador de contidos

Publicador de contidos

A taxa de natalidade en Galicia mostra signos de recuperación logo de anos á baixa

A taxa de natalidade en Galicia mostra signos de recuperación logo de anos á baixa

No primeiro semestre de 2025 naceron na nosa comunidade 6.597 nenos

A taxa de natalidade en Galicia volve ser positiva
G24.gal 13/09/2025 15:30 Última actualización 12/09/2025 23:50

A taxa de natalidade en Galicia volve ser positiva despois de anos en caída. No primeiro semestre de 2025 naceron na nosa comunidade 6.597 nenos, o que supón 8 nacementos máis que no mesmo período do ano pasado.

Estes datos permitirán alcanzar un índice de 1 fillo por muller en Galicia, dado que en 2023 non se chegaba a ese número enteiro.

A realidade é que a vida se volveu demasiado cara: o aumento do custo da cesta da compra, a inestabilidade laboral e os altos prezos da vivenda, entre outros factores, están desequilibrando a balanza da maternidade e levando ás parellas a replantexarse a idea de formar unha familia.

Ter un fillo custa de media 500 euros ao mes, o 33% dun salario base.

"Parece que estes que cumprir unha lista de cousas que tes que ter para cando naza o bebé. Despois dáste conta que non necesitan tanta cousa", afirma Caroliña Piñeiro, mamá de Aldara.

O gasto en equipamento e produtos para un neno pode variar significativamente, pero existen elementos básicos que son considerados imprescindibles.

"Fundamental ter un bo sistema de retención infantil para ir no coche. Un carriño para ir de paseo, algún berce para durmir e unha bañeira onde podelo lavar", explica María Pena, da tenda Damemimo.

Os custos aproximados destes produtos poden ascender a varios centos de euros, dependendo das marcas e calidades escollidas. Non obstante, é importante ter en conta outras alternativas.

A Xunta de Galicia implementou unha serie de axudas para intentar frear a caída dos nacementos como a Tarxeta Benvida, cun importe que parte de 1200 euros para adquirir produtos para os nenos ou de coidados, para cubrir as necesidades de conciliación.

Dende o 2022 as escolas infantís son gratuítas e están abertas de setembro a xullo. O mesmo pasa coas vacinas, cun dos calendarios máis completos de vacinación gratuíta en menores.

"Nós temos uns gastos que son complementarios e pagan as familias. Son o servizo de comedor co almorzo e merenda e os demais están cubertos pola escola", expón Lorena Martínez, da escola infantil Arlequín.

Esta etapa non é obrigatoria pero si clave para o desenrolo, pois é onde comeza a vida. A condición laboral segue sendo moi determinante, afortunadamente algún conta coa figura dos avós, parte fundamental desta etapa.

"A chegada dun neno sen dúbida é un cambio radical na vida de calquera. Cando eres primeriza non sabes ao que te enfrontas, pero ao final é unha alegría", di Caroliña Piñeiro.

 E como todos os nenos veñen cun pan debaixo do brazo, non maior recompensa que formar unha familia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade