Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ourense, a segunda provincia con máis suspensos no carné de conducir

Ourense, a segunda provincia con máis suspensos no carné de conducir

Só o 40 % dos que se presentaron conseguiron superar o exame práctico o ano pasado

A porcentaxe mellorou con respecto a anos anteriores, pero está aínda 9 puntos por debaixo da media estatal

A media galega está no 49 por cento
G24.gal 07/05/2025 20:40 Última actualización 07/05/2025 21:25

As dificultades do percorrido, un maior grao de esixencia ou o perfil do alumnado son algúns dos motivos que, segundo os responsables das autoescolas, poden estar detrás destas cifras.

En España tan só As Palmas, nas Canarias, conta cunha porcentaxe de aprobados inferior á da provincia de Ourense. A media galega está no 49 %, ao igual que a estatal.

A situación muda na parte teórica. Os ourensáns están entre os que máis aproban cun 57 % de aptos, por riba da media tanto de Galicia como do resto de España. Ademais Ourense é unha das provincias con menos denuncias por infraccións de tráfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade