Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rompe a cristaleira dunha cafetería en Ourense e leva todo o diñeiro da caixa rexistradora

Rompe a cristaleira dunha cafetería en Ourense e leva todo o diñeiro da caixa rexistradora

As cámaras de seguridade captaron como o ladrón rebentou a cristaleira do local cunha pedra para acceder ao seu interior

Veciños denuncian a crecida da inseguridade no barrio da Ponte

O ladrón entrando na cafetería tras romper a cristaleira
G24.gal 06/05/2025 16:43

Unha cafetería do barrio da Ponte, en Ourense, foi vítima dun violento asalto. Os feitos aconteceron de madrugada, cando un individuo rebentou a cristaleira do local cunha pedra para acceder ao seu interior.

Coa cara medio descuberta e con tan só unha pedra, foi quen de facer un furado para poder entrar na cafetería. E así o captaron as cámaras de seguridade do bar.

En menos dun minuto rompe o cristal e entra correndo directamente á barra onde está a caixa rexistradora. Pero isto non é nada novo no barrio ourensán, pois os veciños levan tempo denunciando a inseguridade.  

Esta mesma situación pódese trasladar a outras zonas como no Vinteún. Aquí hai uns días, co mesmo modus operandi, un ladrón esnaquizara a cristaleira dun bar, tamén co que parece unha pedra.

Bate con ela en repetidas ocasións e remata por pegarlle unha patada ao cristal para abrirse paso. En total, pouco máis de trinta segundos para entrar e outros tantos para levar o botín da caixa rexistradora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade