Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Guarda recomenda non beber a auga da billa pola presenza de sedimentos

A Guarda recomenda non beber a auga da billa pola presenza de sedimentos

A intensa choiva dos últimos días causou turbidez na rede municipal

Piden revisar os filtros de sedimentos nos contadores

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 06/05/2025 16:04

O Concello da Guarda advertiu da presenza de turbidez na auga da rede municipal debido á intensa choiva rexistrada nos últimos días, que arrastraron lama e sedimentos ata as captacións.

Aínda que a auga continúa a recibir o tratamento e desinfección habituais, o Goberno local recomenda non empregala para beber nin para cociñar durante os próximos dous días, ata recuperar a calidade óptima.

O Concello tamén pide revisar o estado dos filtros de sedimentos instalados nos contadores, xa que poderían estar obstruídos pola situación actual.

Dende o Goberno local agradece a comprensión da veciñanza e piden que ante calquera dúbida ou incidencia, se contacte co Concello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade