Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un negocio millonario detrás dos roubos de cobre

Un negocio millonario detrás dos roubos de cobre

O prezo do chamado ouro vermello pode superar os 10.000 euros por tonelada

G24.gal 05/05/2025 14:38

Na rede eléctrica, nas conducións de auga, nos transportes e nas telecomunicacións. O cobre é un dos mellores condutores eléctricos e tamén dos máis accesibles.

"Buscan sitios que haxa pouca vixilancia e malos accesos. Van roubar cable gordo que é doado de limpar para vendelo", explica Rafael Suárez, xerente da Asociación de industriais electricistas e telecomunicacións.

Só en España prodúcese un roubo cada hora. Moitos deles son obra de mafias que atopan neste material un xeito rápido de obteren ganancias millonarias.

"As veces son bandas do leste que se moven por todo o territorio nacional. Utilizan medio informáticos como o Google Earth ou Maps para localizar as zonas máis apartadas", detalla un axente do Grupo ROCA da Garda Civil.

A infraestrutura ferroviaria está no punto de mira dos ladróns. Como tamén o cableame eléctrico en zonas rurais con pouca vixilancia. Os delincuentes fanse co metal e véndeno en chatarrerías de xeito ilegal.

"Aquí no territorio nacional ese cable estaría prohibido a súa venda e a compra por parte das chatarrerías. Pero véndeno en Portugal onde non hai un control específico deste tipo de cable", aseguran desde a Garda Civil.

Nos últimos catro anos as forzas de seguridade incautáronse de máis de 2.600 toneladas de cobre a través de inspeccións en vehículos e negocios. Calcúlase que os danos para o tecido empresarial europeo pode superar os 1500 millóns de euros ao ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade