Publicador de contidos

Publicador de contidos

A empresa galega referente nas fachadas de edificios senlleiros de todo o mundo fai 55 anos

A empresa galega referente nas fachadas de edificios senlleiros de todo o mundo fai 55 anos

Inasus fixo desde Lalín fixo a reforma do Bernabeu, a terminal de Heathrow en Londres ou a torre de Triana en Sevilla

Alfonso Rueda ofreceulles o seu apoio para seguir medrando

G24.gal 19/09/2025 15:02

O novo Santiago Bernabeu, a T4 do aeroporto de Madrid, a fachada do de Heathrow en Londres e en Galicia, por exemplo, parte dos exteriores da Cidade da Cultura saíron das fábricas de Inasus, unha empresa de Lalín. 

A súa presidenta, Olalla Cuíña, explica que "Inasus medrou ata converterse nun referente nacional e internacional, achegando innovación, tecnoloxía e talento galego aos proxectos arquitectónicos máis importantes do mundo".

Inasus foi fundada polos irmáns Cuíña, de forma humilde, hai máis de medio século. 

 "As primeiras ventás que eu cortei foron ao revés, co xunquillo para fóra", chanceou Ramón Cuíña, cofundador da fábrica. 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comprometeuse a seguir apoiando as empresas familiares que apostan por Galicia:

"Faremos todo o posible para poñerlles as cousas fáciles. Podendo estar noutros sitios máis grandes queredes seguir medrando en Lalín. Iso para nós é fundamental. Galicia necesita tamén empresas fóra dos grandes núcleos de poboación". 

Inasus está presente, na actualidade, en máis de 11 países de 3 continentes.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos