Publicador de contidos

Publicador de contidos

Case dous meses sen teléfono na única parada de taxis que hai en Betanzos

Case dous meses sen teléfono na única parada de taxis que hai en Betanzos

Desde o Concello informan de que o van repoñer

É a quinta subtracción nos últimos tres anos, que amola tanto os profesionais como os usuarios

G24.gal 17/09/2025 13:55

Sen teléfono desde o pasado 24 de xullo. Así están na única parada de taxis que hai en Betanzos. O terminal estaba gardado nunha caixa metálica da que só os profesionais teñen a chave. Porén, quen o roubou conseguiu abrila e levalo.

 "Porque soa e como ninguén o colle, rómpeno. Tiran do cable e xa está...", explica un taxista.

Unha situación que dificulta o traballo dos taxistas que operan de xeito independente. Aos que o fan baixo o servizo de emisoras como Radio Taxi Betanzos, Radio Taxi Coruña ou Tele Taxi, a falta dese teléfono, non os amola tanto.

"A nós menos porque traballamos con emisoras. Os usuarios... se queren chamar á parada, pois non. Porque aínda que haxa taxis, non os hai", di un dos profesionais de Betanzos.

"E o que teña unha urxencia... como non saiba os teléfonos dos taxistas... non pode chamar. E amais iso é privatizar o servizo. É como se eu digo que o meu teléfono é o teléfono da parada", di outro taxista.

Tamén os usuarios están irritados. E nesas está o Concello que asegura que, nos últimos tres anos, xa roubaron da parada cinco teléfonos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade