Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Galega leva o seu corenta aniversario ao derbi entre o Lugo e o Pontevedra

A Galega leva o seu corenta aniversario ao derbi entre o Lugo e o Pontevedra

O Xabarín visita o Anxo Carro para celebrar co público a conmemoración

G24.gal 22/11/2025 21:00 Última actualización 22/11/2025 22:18

O Xabarín visitou esta tarde o estadio Anxo Carro, en Lugo, para celebrar co público os corenta anos da Televisión e da Radio Galega.

Presentouse no descanso do partido contra o Pontevedra e animou a xente a se levantar do asento e bailar algúns dos seus temas.

O personaxe infantil máis querido da Galega, que logrou engaiolar varias xeracións, estivo acompañada por un equipo que colaborou na repartición de mochilas conmemorativas.

Ademais, lembrou que Xabarín.gal é a maior plataforma de contido infantil e xuvenil en galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade