Publicador de contidos

Publicador de contidos

A primeira chamada de teléfono inaugurou a era da comunicación hai 150 anos

A primeira chamada de teléfono inaugurou a era da comunicación hai 150 anos

Agora apenas quedan aparellos fixos nas casas e as conversas foron substituídas por mensaxes

 

G24.gal 07/03/2026 21:14 Última actualización 07/03/2026 22:08

Tal día coma hoxe, un sete de marzo de 1876, dúas persoas mantiñan a primeira conversa telefónica da historia. A invención do teléfono, patentado por Graham Bell, daba comezo á era da conectividade. 

Despois de 150 anos, aqueles aparellos fixos teñen cada vez menos uso ao ser substituídos polos móbiles. E o curioso é que neste tempo da comunicación global cada vez conversamos menos.

Un século e medio despois da invención do teléfono fixo, poucos aparatos sobreviven nas nosas casas. Tamén as conversas telefónicas resisten apenas, substituídas por textos e monólogos de WhatsApps polas xeracións Z e dos millennials.

Unha enquisa feita pola empresa YouGov revela que as chamadas a fixos supoñen só un 3% de todas as chamadas e que os que as fan teñen máis de 55 anos. 

Na era da conectividade conectados estamos, pero cada vez conversamos menos e os teléfonos fixos son xa unha rareza do século XX.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar