Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco persoas quedan feridas na baixada das carrilanas de Muíños

Cinco persoas quedan feridas na baixada das carrilanas de Muíños

O helicóptero do 061 tivo que trasladar unha menor con "lesións importantes"

Un dos vehículos saíu do circuíto e atropelou varias persoas do público

G24.gal 01/08/2026 18:08 Última actualización 01/08/2026 22:03

Era contra a unha do mediodía. Acababa de empezar a carreira de carrilanas que como cada ano se celebra en Muíños polas súas festas. Xa pasaran a liña de meta cando uns poucos metros máis abaixo un dos vehículos perdeu o control e foi bater contra o público. 

Ninguén se explica que foi o que puido pasar.

"Por mala sorte ou o que fose, a carrilana que baixou perdeu o control ou algo lle pasou o rapaz. Veu a Garda Civil, que é a que ten que investigar, e alcalzou  tres persoas directas e dúas de raspa, tamén", explica José Manuel Rodríguez Fernández, do GES de Muíños.

Unha rapaza de 17 anos foi trasladada en helicóptero do 061 cunha fractura aberta nunha perna, outras dúas persoas foron evacuadas ao CHUO en senllas ambulancias tamén con distintas fracturas. O susto din, foi tremendo para todos os presentes. 

"Xusto no accidente había moitísima xente, á parte é unha zona de sombra, a xente aproveitaba para estar a sombra e xa era fóra da meta, xa non estaban na carreira, estaban para a recollida e non se sabe, un golpe de mala sorte".

A das carrilanas é toda unha tradición nas festas de Muíños. O percorrido é de case catro quilómetros, comeza na aldea próxima de Porqueirós e remata en Mugueimes. A veciñanza asegura que nunca pasara nada semellante. 

"Non sei o que pasou, debeuse desfrear ou algo e non deixa de ser unha estradiña e nun momento dado chocas e ben...".

"Oxalá teñan pronto unha boa recuperación e que quede nun susto."

A proba suspendeuse despois do accidente, o pouco de empezar, porque a sinistrada era a segunda carrilana que baixaba. Na proba participaban este ano preto de 80 carrilanas porque ademais das tradicionais este ano corrían aquí as do campionato galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade