Portugal declara dominado o incendio que arrasa o nordés preto de Ourense
Hai cinco persoas feridas leves por mor do lume e máis dunha vintena de inmobles danados
As autoridades de Portugal consideran dominado o incendio que arrasa o nordés do país desde o mércores, pero seguen os labores de control e de estabilización con máis de 900 bombeiros desprazados sobre o terreo para garantir a súa extinción.
Aínda que o lume tivo a súa orixe en Valpaços, estendeuse rapidamente a outras zonas e xa afecta os municipios de Vinhais e Macedo de Cavaleiros, no distrito de Bragança, entre outros lugares.
As lapas obrigaron a evacuar o xoves varias poboacións, preto do linde coa provincia de Ourense, pero a veciñanza puido regresar ás súas casas este venres. Ademais, hai cinco persoas feridas leves: tres bombeiros, un axente da Garda Nacional Republicana e un civil.
As autoridades contabilizan danos en polo menos 21 inmobles de Valpaços, entre residencias habituais, segundas vivendas e casas desocupadas, alén dun almacén agrícola e outras instalacións.