Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta prevé que a intermodal de Lugo estea completada a finais do ano que vén

A Xunta prevé que a intermodal de Lugo estea completada a finais do ano que vén

A previsión é que no primeiro trimestre de 2026 xa estea rematada a estación de tren que constrúe o Adif

O conselleiro da Presidencia, Diego Calvo, di que a nova estación non terá sentido completo ata que o AVE chegue a Lugo

G24.gal 19/09/2025 16:20 Última actualización 19/09/2025 16:38

Avanzan as obras da estación intermodal de Lugo. A previsión é que a de autobuses estea funcionando a finais do ano que vén. Avanzouno o conselleiro da Presidencia, Diego Calvo, quen hoxe supervisou os traballos, que contan cun orzamento de 14 millóns de euros e contemplan a construción dun aparcadoiro de 250 prazas.

Antes, está previsto que estea rematada a outra pata da intermodalidade: a estación do tren que acomete o Adif. A previsión é que esas obras xa estean rematadas no primeiro trimestre de 2026.

Calvo dixo que a nova estación non terá sentido completo ata que o AVE chegue a Lugo. E, para iso, instou o ministerio a realizar as obras necesarias con dúas variantes. Tamén reclamou melloras na conexión entre Lugo e A Coruña.

Esta visita coincidiu coa celebración da Semana Europea da Mobilidade, baixo o lema este ano é "Mobilidade para todas as persoas".

Diego Calvo destacou que os obxectivos desta conmemoración coinciden coa aposta do Goberno galego "por un transporte público accesible, alcanzable, inclusivo e seguro", e lembrou que Galicia xa conta con estacións intermodais operativas en Santiago, Vigo, Ourense e Pontevedra, mentres que as da Coruña e Lugo atópanse en execución "grazas á cooperación entre administracións".

Segundo explicou o conselleiro, a previsión é que a estación de bus da intermodal de Lugo, que ten un orzamento total de 19 millóns de euros, estea terminada no outono de 2026.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade