Publicador de contidos

Publicador de contidos

Francia ordena a inspección de 200.000 paquetes de Shein chegados ao país

Francia ordena a inspección de 200.000 paquetes de Shein chegados ao país

A revisión forma parte do proceso posto en marcha para suspender a plataforma chinesa pola venda de produtos que non cumpran a normativa

Francia suspende o acceso a Shein polo escándalo das bonecas sexuais con aparencia de nenas

Reuters Reuters
G24.gal 06/11/2025 16:18 Última actualización 06/11/2025 16:34

O Goberno francés ordenou a inspección de todos os paquetes de Shein chegados este xoves ao aeroporto de Chales de Gaulle de París, arredor de 200.000, no marco do proceso posto en marcha para suspender a plataforma chinesa pola venda de produtos que non cumpran a normativa.

"Esta operación, dunha magnitude excepcional, ten como obxectivo verificar a conformidade dos produtos, a exactitude das declaracións e o cumprimento das obrigacións tributarias e aduaneiras", explicou a ministra de Contas Públicas, Amélie de Montchalin.

O dispositivo está en mans da Dirección Xeral de Competencia, Consumo e Loita contra a Fraude, a aduana e a policía de transporte aéreo e as fiscalías correspondentes, entre outros.

"Abriremos 200.000 paquetes durante esta operación (...) a plataforma non poderá dicir que nos equivocamos de paquete: hoxe imos abrilo todo", dixo De Montchalin.

Desde a zona de carga do aeroporto de París,  transita o 90 % dos case 800 millóns de artigos importados a Francia ao ano. A operación ten como obxectivo reforzar o proceso xudicial en curso contra Shein e "os primeiros resultados revelan produtos ilegais e que non cumpren coa normativa", entre eles cosméticos non autorizados, xoguetes perigosos para nenos, produtos falsificados e electrodomésticos defectuosos, afirmou a ministra.

"Isto forma parte do procedemento de suspensión iniciado polo Goberno contra Shein, para verificar o cumprimento da plataforma coas nosas normas nun prazo de 48 horas", dixo.

Entre este mércores e xoves, Francia iniciou varios procedementos legais contra Shein, tanto administrativos como xudiciais e a nivel europeo, tras a forte polémica e indignación provocada pola venda na plataforma de bonecas sexuais de aspecto infantil, así como de armas de categoría A (machetes ou puños de aceiro).

O aeroporto Charles de Gaulle de París é o primeiro paso fronteirizo de Francia e un dos principais puntos de entrada para as mercadorías do comercio electrónico internacional, lembrou a ministra. Cada ano, o 95 % do fluxo de paquetes procedentes da China pasa por el antes de ser distribuído por todo o país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade